Thursday 02 de May de 2024

Brión celebra mañá venres un magosto e unha chocolatada gratuíta na carballeira de Santa Minia


O Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza, organiza mañá venres o seu tradicional magosto e chocolatada, que terá lugar a partir das 19:00 horas na carballeira de Santa Minia. Unha festa na que tanto as castañas como o chocolate con churros serán totalmente de balde para todos os asistentes, que tamén poderán disfrutar da actuación do grupo de música tradicional “Vai de Roda”. Haberá carpa.